Refugallos de estranxeiria en Galiza
chavian111bames @ 00:18Galicia Diario de Ferrol 26-02-2008
Arrestada una mujer sin papeles al denunciar a su pareja por malos tratos
Agentes de la Policía Local de Pontevedra detuvieron a una mujer colombiana cuando intentó denunciar a su compañero sentimental por agresión psicológica, por estar en situación irregular en el país.
AGENCIAS > PONTEVEDRA
La detención se produjo de forma inmediata, cuando la mujer se trasladó las dependencias policiales para denunciar la situación que estaba sufriendo con su pareja, lo que le costó que se fuera iniciado un expediente de expulsión de España.
El suceso se registró después de que en las dependencias de la Policía Local se recibiera una llamada particular denunciando que en una vivienda se estaba produciendo una fuerte discusión.
Cuando llegaron al lugar los funcionarios municipales se encontraron con una pareja que discutía acaloradamente, porque la mujer prohibía a su compañero acceder al domicilio y se disponía a denunciarlo por los hechos acontecidos.
Para formular la denuncia, la mujer fue trasladada a las dependencias de la Comisaría Provincial, donde funcionarios de la Policía Nacional constataron la situación irregular en el país de la mujer latino americana, por lo que procedieron a su detención y puesta a disposición judicial para ser expulsada.
E unha vez máis resentimos o refugallo da lexislación do PP, do Sr. Aznar deseñada nese biénio negro que foron os seus dous últimos anos de lexislatura. E quen escrebe coñece o tecido que esta dereita españolista e carca fixo en matéria de estranxeiria.
Tan só, e como prólogo a este breve artigo, lembremos que foi o PP, coa conivéncia do PSOE que non se alarmou en absoluto, quen eliminou catro direitos fundamentais ás persoas estranxeiras no Estado Español, a saber, o de asociación, o de folga, o de denúncia e o de sindicalización. Catro direitos fundamentais que tiveron que ser resgatados polo Tribunal Supremo,… en fin, non só unha aberración de corte fascista e xenófoba, senón que tamén unha semente de actuacións de abusos e doutras medidas que agora coñecemos.
Pois ben, nesa época do PP deseñou-se outra medida coñecida do Governo na que daban pautas de cómo debia actuar o Corpo Nacional da Policia diante dunha denúncia de malos tratos interposta por unha muller imigrante “sen regularizar” a sua situación administrativa. Pois ben, resumindo e sen faltar a verdade, é que no mesmo momento que esta muller violentada denúncie, recollerá-se a sua denúncia encamiñando-a ao Xulgado pertinente, ao tempo que se lle incoará un Procedimento Sancionador, cuxo resultado pode recaer nunha orde de expulsión, ou nunha sanción económica. Este resultado será certeiro sempre e cando, que despois das actuacións policiais e xudiciais recaia unha Sentenza ou Fallo absolutório do agresor.
Provoca perplexidade, sobrecolle, que muller violentada vai denunciar ao seu agresor se, sabendo-se que non ten “papeis”, pode recaer nela unha Orde de Expulsión?
O PP puxo hai ben tempo a semente, Rajoy segue na mesma teima nesta Campaña Eleitoral, antes as persoas imigrantes eran, segundo esa direita fascista, quen nos roubaban o traballo, a imigración era igual a delincuéncia, agora rouban-nos os Servizos Sociais básicos, mentiras, mentiras e máis calúnias. Que auséncia de memória histórica.
Como di un amigo meu, a inoráncia que atrevida é!!
Somo, Galiza, por eséncia fillas e fillos da Imigración e Emigración. A imigración, hoxe, sustenta todo o que en Galiza temos, pois elas e eles son Galiza, son parte de nós, somos nós, somos todas e todos Clase Traballadora Galega.
O acontecido en Pontevedra onde unha muller colombiana é detida pola Policia Local de Pontevedra, e foi transladada á Policia Nacional quen a detivo e puxo a disposición xudicial provoca a quen lle escreba noxo, e pánico por un presunto abuso da autoridade.
O pasado luns, en Compostela, unha muller paraguaia recebeu unha citación para personar-se nas dependéncias policiais e, alí, recebeu unha Notificación de Inicio de Expediente de Expulsión por estar indocumentada. Até ai nada que salientar, se non for, por que o venres anterior estivera ela poñendo unha denúncia nesa mesma Comisaria por perda de obxetos, entre os que estaba o seu pasaporte. Isto provoca indefensión. A actuación da Policia semella nada axeitada ao direito. Se calquer de nós precisamos un novo documento temos que previamente denunciar a perda…
E xa por último, e sen ánimo de ser reiterativa,e menos negativa, isto son froitos dunha política racista e xenófoba, e senón que lle pregunten algunhas prostitutas latinoamericanas, que recebendo a visita dalgun cliente nos seus pisos particulares, unha vez dentro identica-se como axentes da seguridade e son detidas, e, por ende, expulsadas…
Quen escrebe, fica abraiada, alarmada e acha que a imigración non é fácil, non é algo desexábel, e que desde logo as mulleres imigrantes sen papeis resultan as máis indefensas.
Laura

Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario